Antes das vacacións de Nadal quixemos compartir unha das nosas tardes cos residentes do Instituto Xeriátrico Divino Maestro e agasallalos cunhas postais de Nadal feitas por nós mesmos.
Tamén eles nos agasallaron a nós coas súas felicitacións e un saboroso chocolate con churros, pero sen dúbida o mellor, foi compartir ese tempo con eles.
Con esta visita queremos dar continuidade ó noso programa «xóvenes e maiores» que comezamos este curso. Precisamente con eles vimos o vídeo que fixemos hai unhas semanas.
Grazas á Fundación San Rosendo que nos permite levar adiante este tipo de actividades.