Semana cultural e día da Inmaculada

A nosa particular celebración do Día da Inmaculada veu precedida este ano pola semana cultural. O día do deporte, da ciencia e da cultura serviron de preámbulo para a celebración da festa da nosa patrona.

Ademáis das competicións deportivas e actividades e roteiros culturais, diferentes expertos e profesionais deses eidos quixeron acompañarnos e compartir con nós as súas experiencias, transmitindo os diferentes valores que as súas disciplinas lles aportan a eles mesmos e á sociedade en xeral.

O venres día 12 foi un gran día de festa para nós, o día da Inmaculada; despois duns interesantes obradoiros de Nadal e do xa tradicional partido de profes contra alumnos, celebramos xuntos a Eucaristía na honra de María Inmaculada acompañados de antiguos alumnos, profesores e formadores.

Precisamente foi nun deses formadores eméritos no que recaeu o Premio Inmaculada 2025, D. Enrique Martínez Díaz, a quen agradecemos os seus anos de entrega ó Seminario Menor.

Newsletter

¡Suscríbete y no te pierdas nada!

Abrir chat
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?