Remata o curso tamén para o «ClubTura»

O noso clube de lectura «ClubTura» rematou a súa actividade deste curso 23-24. Nel, os alumnos mergulláronse na obra de María Oruña «El bosque de los cuatro vientos» que os levou non só a desfrutar da lectura senón a coñecer toda a realidade na que se basea a trama.

Coñeceron a diferentes personas que inspiraron á autora na creación das personaxes da obra, visitaron o Mosterio de San Estevo de Rivas de Sil no que se enmarca toda a lenda dos aneis dos bispos e incluso os relicarios nos que foron atopados.

Un gran recordo deste curso de lectura, cultura e aventura! 

Newsletter

¡Suscríbete y no te pierdas nada!

Abrir chat
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?