O mércores 29 de maio, celebrouse en Ourense o III Encontro de centros da RED EBI de España da que forma parte o Seminario Menor.
Foi unha interesante xornada de reflexión educativa na que non só se analizou o traballo e camiño recorrido até o momento, senón que xuntos buscamos novos proxectos co que o sistema educativo EBI poida seguir medrando e adaptándose ás necesidades actuais dos nosos alumnos, as súas familias e profesores.