Co motivo da celebración do día da Inmaculada Concepción, celebramos a festa na honra da que tamén é a nosa patroa.
Foi, sen ningunha dúbida o día da familia do Seminario Menor, no que toda a comunidade educativa: alumnos, profesores, formadores, persoal de administración e servizos, familias… honramos á nosa Nai.
A mañá comezou con diferentes sesións formativas por cursos para os nosos alumnos e alumnas que deron paso ás diferentes competicións deportivas e o xa tradicional partido de profesores contra alumnos.
O momento central do día foi a celebración Eucaristía, na que, presididos polo noso bispo, celebramos xuntos a nosa fe a carón de María Inmaculada.
Xa pola tarde desfrutamos dunha velada musical e teatral a cargo dos nosos alumnos e alumnas da asignatura de música e da academia de Teatro SMO; ó finalizar a mesma fíxose entrega do Premio Inmaculada 2024, que nesta ocasión recaeu en D. Alfonso Iglesias, profesor emérito do noso Seminario.
Grazas a todos os que fixestes posible este día de festa.