Así foi a nosa finde de convivencia

Esta fin de semana celebramos a primeira xornada de convivencia deste curso, un bo momento para desfrutar como familia.

O venres desprazámonos ata o Mosteiro de Oseira, onde ademáis de coñecelo compartimos o rezo de vísperas cos monxes que alí viven.

O sábado pola mañá estivemos no Balneario de Laias, disfrutamos das súas instalacións e démonos un bo baño relaxante pero ademáis tivemos unha interesante formación sobre o coidado do noso corpo e da nosa mente e o dos demáis.

Despois de comer descubrimos a historia da vila de Ribadavia cunha interesante guía turística para rematar celebrando a Eucaristía e compartindo un magosto tamén con outros mozos que viven a súa fe nesa vila.

Para o Domingo quedaba o prato forte: a celebración da Eucaristía coas nosas familias! Ademáis os voluntarios da nosa obra social prepararon un chocolate ben quentiño co que puidemos colaborar cun proxecto que ten por obxectivo a compra de material para unha escola de Formación Profesional en Perú.

 

Newsletter

¡Suscríbete y no te pierdas nada!

Abrir chat
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?