Acto de graduación de 2º de Bacharelato

O venres 16 de maio celebramos con gran alegría a graduación dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato. O acto presidido polo noso bispo e o noso reitor, comezou cunha oración de acción de gracias e continuou co discurso do padriño da promoción.

Trala imposición de becas e entrega de agasallos, os alumnos tamén tiveron o seu emotivo momento de agradecemento e lembranza destes anos da súa etapa formativa.

O señor bispo pechou o acto académico animando ós alumnos a que non se esquezan do seu paso polo seminario e espallen a Boa Nova que aquí escoitaron aló onda estén.

Newsletter

¡Suscríbete y no te pierdas nada!

Abrir chat
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?