O venres 10 de maio celebramos no Seminario Menor a graduación dos alumnos de 2º de Bacharelato na que estiveron acompañados dos seus familiares e amigos ademáis do claustro de profesores, formadores e demáis persoal do centro.
O acto estivo presidido polo señor bispo da nosa diocese que lle adicou unhas palabras ó comezo transmitíndolles a súa felicitación e o seu ánimo para seguir adiante. O pai espiritual do seminario dirixiu unha oración en clave de acción de grazas por todo o que aquí recibiron, máis alá dos contidos académicos, e invitounos a permanecer sempre unidos á verdadeira Luz.
Finalmente, cos discursos do seu titor, do seu formador e o propio dos alumnos, recibiron a súa beca e agasallos antes de compartir, todos xuntos, anécdotas de todos estes anos.
Isto non é un adeus, é un ata sempre! Lembrade que esta é a vosa casa.