A fin de semana do 14 e 15 de novembro celebramos a primeira convivencia deste curso e non quixemos deixar pasar a oportunidade de gañar o Xubileo da Vera Cruz no Carballiño neste ano de graza para a nosa diocese.
Comezamos o sábado visitando o Mosteiro de Oseira e achegándonos á vida monástica e contemplativa nesta xoia do noso patrimonio.
Por suposto o momento central do día foi o noso paso pola Porta Santa da igrexa da Vera Cruz e a veneración da reliquia da Santa Cruz antes de celebrar xuntos a Eucaristía.
Xa para a tarde quedou o torneo de fútbol do San Martiño e a celebración do Magosto.
A fin de semana rematou o Domingo coa celebración da Eucaristía coas nosas familias na capela do Seminario Menor e cun xesto solidario ó rematar.
Queremos aproveitar esta canle para agradecer a cantas persoas fixeron isto posible, especialmente á comunidade cisterciense de Oseira, ó equipo sacerdotal da UaP do Carballiño e ó seu concello; grazas!