Toda esta semana o noso día a día no Seminario xira ó redor da xornada do DOMUND. Dende as nosas oracións da mañá, o rosario misioneiro e ata as nosas merendas nos recreos.
Tamén tivemos oportunidade de coñecer testemuñas de primeira man que nos contaron a súa experiencia nas misións.
Grazas á Delegación de Misións da Diocese de Ourense pola súa colaboración e ó traballo da nosa Obra Social por facer desta, unha semana diferente.
Anterior
Siguiente