A pasada fin de semana celebramos a primeira convivencia deste curso. Momentos de xuntanza nos que medramos nesta familia que é o Seminario Menor.
Adicamos o sábado a nosa formación integral celebrando pola mañá o Torneo Deportivo San Martiño e pola tarde coñecendo artística e culturalmente a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía na que tamén nos uniriamos á súa comunidade parroquial para celebrar xuntos a nosa fe e compartir o magosto; a eles queremos agradecer especialmente a súa acollida.
O Domingo celebramos o día en familia coa Eucaristía e o chocolate solidario organizado pola nosa Obra Social.