Retomamos con ilusión a nosa Escola de pais e nais, un espazo pensado para axudarnos a acompañar mellor aos nosos fillos nas distintas etapas da súa vida. Na primeira sesión, que terá lugar o 11 de decembro ás 18:00 h, o psicólogo Elías Domínguez introducirá o tema do ciclo vital, ofrecendo luces prácticas sobre como entender os cambios, retos e necesidades que aparecen dende a infancia ata a adolescencia.
Falaremos de afectividade, estilo educativo, crise madurativas, herdanza e ambiente… todo explicado dun xeito cercano, con exemplos cotiáns e coa oportunidade de dialogar e compartir impresións entre familias.
É unha ocasión magnífica para crecer xuntos, fortalecer a nosa tarefa educativa e crear comunidade. Agardámosvos con moita alegría. A vosa participación é esencial.