Celebramos o día escolar da non violencia e a paz reflexionando como nós mesmos podemos ser constructores de paz no noso centro. A frase de San Francisco de Asís «faime Señor instrumento da túa paz» marcou toda a xornada.
Unha chea de propósitos, problemas e solucións que nós mesmos podemos cambiar para comezar a promover unha sociedade máis pacífica e que lle foron comunicados á Comisión de Convivencia Escolar do noso centro.
Xestos tan sinxelos como dar as grazas e preocuparnos polo noso compañeiro da mesa do lado, penduran na nosa «árbore da paz» para recordarnos a nosa tarefa diaria de ser de verdade instrumentos de paz.