Convivencia de marzo

Como cada trimestre celebramos a nosa xornada de convivencia. Desta volta achegámonos á provincia de Pontevedra onde o sábado pola mañá tivemos unha interesante formación sobre o uso das redes socias e a tecnoloxía aplicada á educación.

Xa pola tarde, compartimos xuntos a Eucaristía e desfrutamos da arte relixiosa na primeira parroquia da cidade de Vigo, Santa María de Castrelos, con máis de 800 anos de historia, antes de rematar visitando o Museo do Mar de Galicia.

Como fin destas xornadas, o Domingo celebramos a Eucaristía xunto cos nosos pais, profesores e formadores compartindo ó rematar un aperitivo neste mes do Seminario.

Newsletter

¡Suscríbete y no te pierdas nada!

Abrir chat
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?